O xoves 30 de xuño, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1. Agradecemento do Concello de Cambados ás institucións do Estado doadoras de libros para a Biblioteca Municipal “Luís Rei” e ás axencias de lectura das parroquias.
2. Aprobación, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais (escola municipal de música e conservatorio elemental).
3. Adhesión, se procede, do Concello de Cambados ao convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ao abeiro do procedemento de regularización catastral.
4. Adhesión, se procede, do Concello de Cambados ao convenio entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e aSociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE).
5. Declaración, se procede, do Concello de Cambados como localidade solidaria co alzheimer.
6. Aprobación, se procede, do acordo do grupo de goberno en relación co aparcadoiro privado do hospital do Salnés.
7. Aprobación, se procede, do acordo do grupo de goberno para adhesión ao programa de vivendas valeiras do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
8. Aprobación, se procede, do acordo do grupo de goberno sobre a construcción de invernadoiros en solo rústico a raíz da entrada en vigor da nova lei do solo de Galicia 2/2016, de 10 de febreiro.
9. Moción do grupo municipal do PP para instar á Deputación de Pontevedra a formalizar un convenio de colaboración coa ruta do viño Rías Baixas.
10. Dar conta do informe de intervención do período medio de pago do primeiro trimestre/2016.
11. Dar conta do informe de tesourería de morosidade do primeiro trimestre/2016
12. Dar conta das resolucións da alcaldía.
13. Rogos e preguntas.
Lembramos que a sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en youtube, con enlace nesta mesma páxina web.
Descargar: Convocatoria pleno 30-6-2016.pdf