CONVOCATORIA DO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL

O xoves 29 de outubro, ás 21:00 horas celebrarase na casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación da acta correspondente á sesión celebrada o día 24 de setembro de 2015.

2. Aprobación, se procede, do expediente de crédito extraordinario e suplemento de crédito nº 3/2015.

3. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos nº3/2015.

4. Aprobación, se procede, da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades organizadas por monitores nas parroquias e pola prestación do servizo do plan madruga no Concello de Cambados.

5. Aprobación da modificación das ordenanzas do IBI, do IVTM, de recollida de lixo, de distribución de auga potable, de sumidoiros e depuración e de apertura de establecementos.

6. Dar conta do informe da intervención municipal relativo ó obxectivo de estabilidade orzamentaria, da regra de gasto e do límite da débeda en relación coa execución trimestral e período medio de pago, relativos ó 3º trimestre/2015.

7. Dar conta do informe da tesourería municipal en cumprimento da lei 15/2010.

8. Acordo de goberno respecto á fiscalización das contas/contabilidade do Concello de Cambados.

9. Convenio urbanístico para a execución de planeamento urbanístico co fin de ampliar o camiño transversal á rúa do Castro, no lugar de O Cruceiro-Vilariño.

10. Escrito de Dª Diana López Varela, en representación da Plataforma Feminista Galega (PFG), interesando se adopte acordo en relación co 7N “marcha contra as violencias machistas”.

11. Escrito de Dª Eva Mª Foncubierta Cubillana, presidenta da FEAER, interesando se adopte acordo en relación con propostas fiscais para unha tributación xusta dos emigrantes retornados.

12. Moción do Partido Popular para mantemento dos servizos e horarios nos centros culturais.

13. Dar conta das resolucións dictadas pola alcaldía.

14. Contestación a preguntas formuladas.

15. Rogos e preguntas.