CONVOCATORIA DO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL

O xoves 26 de novembro, ás 21:00 horas celebrarase na casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación da acta correspondente á sesión celebrada o día 29.10.2015.

2. Aprobación inicial, se procede, da ordenanza municipal de venda ambulante ou non sedentaria do Concello de Cambados.

3. Aprobación inicial, se procede, do regulamento da actividade de furanchos e loureiros do Concello de Cambados.

4. Aprobación inicial, se procede, da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola realización de tarefas de control, verificación e tramitación dos expedientes de apertura de furanchos e loureiros do Concello d Cambados.

5. Aprobación inicial, se procede, da ordenanza reguladora do servizo de teleasistencia domiciliaria do Concello de Cambados.

6. Adopción, se procede, do acordo de goberno para instar aos gobernos de España e da Xunta de Galicia a incluir a vacina contra a meninxite-B no calendario vacinal.

7. Adopción, se procede, do acordo de goberno para apoiar as reclamacións trasladadas por parte da Asemblea do Cerco, relativas a rexeitar o preacordo de reparto de cotas de xurelo e xarda.

8. Moción do Partido Popular para promoción da competitividade e viabilidade da flota galega do cerco.

9. Dar conta das resolucións dictadas pola alcaldía.

10. Contestación a preguntas formuladas.

11. Rogos e preguntas.


Descargar: Convocatoria pleno novembro.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.