DECRETO
En uso das atribucións conferidas a esta Alcaldía polo artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL) e demáis preceptos concordantes do Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro e de conformidade co disposto no artigo artigo 9º do Regulamento da “Medalla da Vila”, Honores e distincións do Concello de Cambados polo presente veño en convocar sesión extraordinaria do Pleno da Corporación que se celebrará no Salón de Sesións da Casa Consistorial o vindeiro día 28 de decembro as 20:30 horas en primeira convocatoria, e, no caso de non existir quórum necesario, en segunda convocatoria dous días despois á mesma hora, para debatir os asuntos relacionados no seguinte:
1º.- Proposta de nomeamento de Don Plácido Ramón Castro del Río como “Fillo Adoptivo a Título Póstumo”
Da presente convocatoria, e da orde do día darase a debida notificación a todos os membros da Corporación, procedéndose á súa publicación no taboleiro de edictos.
DECRETO
En uso das atribucións conferidas a esta Alcaldía polo artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e demáis preceptos concordantes do Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro (ROF) e de conformidade co disposto no artigo 78.2 do ROF polo presente veño en convocar sesión ordinaria que se celebrará no Salón de Plenos o vindeiro día 28 de decembro, ás 21:00 horas e no caso de non existir quórum necesario, en segunda convocatoria dous días despois á mesma hora, para debatir os asuntos relacionados no seguinte:
I PARTE RESOLUTIVA
1º.- Hermanamento co Concello de Cigales
2º.- Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre vehículos de tracción Mecánica.
II PARTE DE CONTROL E FISCALIZACIÓN DA XESTIÓN DOS ÓRGANOS MUNICIPAIS DE GOBERNO
3º.- Moción do grupo municipal do BNG contra a subida de peaxes na AP-9.
4º.- Moción do grupo municipal socialista sobre a avespa velutina.
5º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados para que se depuren responsabilidades no caso da candidatura galega ao laboratorio de bivalvos da UE.
6º.- Dar conta do informe de tesourería sobre o cumprimento dos prazos de pago das operación comerciais do Concello de Cambados. Segundo trimestre de 2017.
7º.- Dar conta do informe de tesourería sobre o cumprimento dos prazos de pago das operación comerciais do Concello de Cambados. Terceiro trimestre de 2017.
8º.- Dar conta das resolucións da alcaldía
9º.- Rogos e preguntas
Da presente convocatoria e da orde do día darase a debida notificación a todos os membros da Corporación, procedéndose á súa publicación no taboleiro de edictos.
DECRETO
En uso das atribucións conferidas a esta Alcaldía polo artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL) e demáis preceptos concordantes do Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro e de conformidade co disposto no artigo 46.2.a) da LRBRL polo presente veño en convocar sesión extraordinaria do Pleno da Corporación a instancia de oito concelleiros do grupo municipal do Partido Popular que se celebrará no Salón de Sesións da Casa Consistorial o vindeiro día 28 de decembro as 22:30 horas en primeira convocatoria, e, no caso de non existir quórum necesario, en segunda convocatoria dous días despois á mesma hora, para debatir os asuntos relacionados no seguinte:
1º.- Instar á Alcaldía para que acorde o cese do concelleiro de economía e facenda Xurxo Charlín Trigo.
2º.- Revogación do acordo adoptado polo pleno da corporación o día 30 de xuño de 2015 (punto 6), no senso de deixar sen efecto a liberación parcial concedida ao concelleiro Xurxo Charlín Trigo coa correspondente perda das súas retribucións.
Da presente convocatoria e da orde do día darase a debida notificación a todos os membros da Corporación, procedéndose á súa publicación no taboleiro de edictos.