O Concello de Cambados quere contribuír a erradicar a violencia de xénero, unha lacra social que ademais de constituír unha grave violación dos Dereitos Humanos, afectános a tod@s.
Unha sociedade non pode considerarse democrática tolerando o maltrato e o asesinato das mulleres, e por iso queremos visibilizar este problema loitando contra a violencia de xénero e a favor da igualdade e da non discriminación, non só o domingo 25 de novembro senón todos os días do ano.
Convidamos a sumarse a esta campaña á cidadanía, institucións e establecementos comerciais -pois queremos implicar a todo o pobo nesta loita- colocando un cartel en sinal de repulsa da violencia machista que se poderá recoller en alcaldía do concello desde hoxe mesmo (1 por establecemento) ata esgotar existencias.
Reivindicar a igualdade e a non violencia contra as mulleres é preciso para sensibilizar á sociedade.
Por un mundo máis xusto. Por ti, por tod@s.