CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE CAMBADOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE CAMBADOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Trémola Teatro presenta A nena que se comía todos os contos

Seguindo coas actividades da celebración do Día do Libro 2023, a Biblioteca Municipal Luís Rei acollerá unha sesión de contacontos a cargo de Trémola Teatro ás 12 horas da mañá deste sábado 22 de abril. A obra titúlase A nena que se comía todos os contos e trata sobre una nena chamada Elisa que quería ser a máis lista do mundo, e sabía que a resposta estaba nos libros. Pero, en vez de lelos, Elisa comía os libros.

Nesta sesión de contacontos preténdese interactuar cos nenos e coas nenas presentes na biblioteca, que deberán axudar para conseguir que Elisa se converta na persoa máis lista do mundo. A obra está pensada para nenas e nenos a partir dos 3 anos de idade. A entrada é de balde.

Cómpre lembrar que concellaría de Cultura do Concello de Cambados que dirixe Tino Cordal decidiu dedicarlle o Día do Libro 2023 a Filomena Granda Regueiro, a quen se lle renderá homenaxe este venres 21 de abril, ás 12 horas, co descubrimento dunha placa na casa onde puxo escola entre 1902 e 1924, situada na Praza de Francisco Asorey. Ese mesmo día, ás 20 horas, na Casa da Calzada, o neto de Filomena, Antonio Magariños Compaired, impartirá unha conferencia baixo o título “Os libros nas escolas de Cambados entre 1900 e 1967”.