CAMBADOS ACOLLE A CLAUSURA DO CONGRESO INTERNACIONAL DE ENOTURISMO QUE SE INAUGURA MAÑÁ EN VIANA DO CASTELO.
O concello de Cambados participará activamento no Congreso Internacional sobre Enoturismo que se inaugura mañá en Viana do Castelo, Portugal, e prolongarase durante o 4 e 5 de xullo en Cambados.
O certame está promovido pola asociación Aenotur coa finalidade de coñecer os principais mercados emisores de turismo de Europa, sobre todo Francia, Reino Unido e Alemaña, e estudar novos mercados emerxentes, como poden ser Rusia, China, Xapón e Brasil.
A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o concelleiro José Ramón Abal desplazaranse a Viana do Castelo para participar nas conferencias e demáis actos programados.
De tal xeito que, desta volta, terán maior presencia as dúas cooperativas vitivinícolas de Cambados, Martín Codax e Condes de Albarei, desaparecen varios blogueiros e no seu lugar toman relevancia adegas como Pazo de Fefiñáns, Pazo Baión o Lagar de Costa, que non formaban parte da iniciativa nun primer momento.
O Congreso Internacional de Enoturismo ábrese mañá en Viana do Castelo con varias ponencias e visitas a puntos de interes do entorno.
Xa a partir do venres día 4 o certame continuará en Cambados coa celebración de novas conferencias no Salón Peña, así como unha serie de visitas a adegas e lugares emblemáticos, como ó conxunto histórico e o Museo do Viño.