CONFERENCIA-DEBATE: A REPÚBLICA E O GALEGUISMO, 1936

CONFERENCIA-DEBATE: A REPÚBLICA E O GALEGUISMO, 1936

Cando trascorreron 80 anos dos feitos acontecidos en 1936, son aínda moitas as lagoas, os decoñecementos, os tópicos e as manipulacións pendentes de revisión. O período republicano e as súas relacións co galeguismo organizado, as causas e consecuencias daquel período histórico, as diferenzas entre o que pasou en Cambados e no Grove, dúas vilas veciñas pero absolutamente diferentes, e as actitudes políticas dos diferentes protagonistas van ter na capital do Salnés, unha xornada de debate. O dereito a saber, a liberdade de investigar, nun acto organizado pola Concellería de Cultura de Cambados e no que participan Carlos Méixome, historiador; Jacobo Domínguez, profesor e investigador do período republicano en Cambados e Antón Mascato, editor e investigador da memoria do Grove.

O acto, o primeiro doutros que virán nos meses seguintes, desenvolverase o sábado, día 9, ás 19 horas, en Exposalnés, presentado polo Concelleiro de cultura, Víctor Caamaño, quen afirmou que “o coñecemento da Historia, o dereito a estudala e documentala e o deber de divulgala, debe presidir a actitude de calquera responsable cultural con responsabilidades públicas

Na foto do cartel que enviamos adxunto, pode verse a Emiliano López, en Cambados en 1936, do corpo de Carabineiros, que se mantivo leal á República e foi depurado ata a extinción polo réxime franquista. Este corpo tiña como función principal a da vixiancia das aduanas e o servizo de represión do estraperlo. O fotografado era ademáis o home de María López que tiña fonda en Fefiñáns e que destacou pola atención clandestina aos presos que ían chegando ao Cárcere de Cambados da que tiña a encomenda do servizo alimentario de gardas civís, militares e funcionarios de prisións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.