CONDOLENCIAS POLO FALECEMENTO DE CRUZ OUBIÑA FUENTES

A Corporación do Concello de Cambados quere facerlles chegar, a familiares, compañeiros e amigos, as máis sinceras condolencias polo sentido falecemento de Dona Cruz María Oubiña Fuentes, Oficial da área de Urbanismo deste concello; traballadora exemplar e gran compañeira, unha gran persoa, exemplo vital para outras moitas; que a súa lembranza permaneza e a súa traxectoria sexa lembrada. A súa perda déixanos un gran baleiro non so neste concello senón tamén nas súas amizades. O concello de Cambados quere ofrecer o noso máis sentido pesar, nestes momentos difíciles polos que está a atravesar a familia e amigos de Cruz e mostrar a boa disposición para calquera asunto que poida ser requirido pola súa familia.

 

Con motivo do falecemento, mañá mércores 9 de setembro, ás 12:00 horas, gardarase un minuto de silencio na praza do Concello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.