CONCURSO PARA SELECCIONAR A MÚSICA OFICIAL DOS ACTOS VINCULADOS AO NOMEAMENTO DE CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CONCURSO PARA SELECCIONAR A MÚSICA OFICIAL DOS ACTOS VINCULADOS AO NOMEAMENTO DE CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

O Concello de Cambados convoca un concurso para seleccionar a música oficial dos actos vinculados ao nomeamento de Cambados Cidade Europea do Viño 2017. A letra desta melodía serán dous poemas, o primeiro de autoría de Ramón Cabanillas, e o segundo popular. O prazo de presentación de orixinais rematará o 3 de febreiro de 2017 e o fallo do xurado darase a coñecer o 13 de febreiro.  Está previsto que a composición gañadora se poida estrear na Gala Cidade Europea do Viño que se celebrará no vindeiro mes de marzo.

Establécese como premio unha dotación económica de 1.500 € para o gañador e outra de 500 € como 2º premio. O Xurado do concurso será nomeado por Resolución de Alcaldía e incluirá persoalidades de recoñecido prestixio no ámbito de música en Galicia así como persoal técnico do Concello de Cambados. A obra musical será concibida en dous formatos: versión para voz solista e piano acompañante e versión para coro polifónico e banda de música.


Descargar: Aprobación Bases del concurso.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.