CONCURSO PARA A SELECCIÓN DUN/A TRABALLADOR/A COA CATEGORÍA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA O GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO “RÍA DE AROUSA”

O Grupo de Acción Local do sector pesqueiro “Ría de Arousa” (GALP) anuncia o concurso para a selección dun/a traballador/a coa categoría de auxiliar administrativo/a do seu cadro de persoal.

As bases do concurso poderán ser consultadas na páxina web de acción costeira, no apartado “novas”

http://www.accioncosteira.es/?q=gl/taxonomy/term/3

e no apartado de contratación de persoal

http://www.accioncosteira.es/?q=gl/taxonomy/term/44

Os/as interesados deberán presentar a solicitude para participar no dito concurso na forma descrita nas bases. A data límite de recepción de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio nun dos diarios de maior difusión no territorio do GALP


Descargar: Anuncio Concellos.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.