CONCURSO “LA PELA ES LA PELA!” DE VÍA RADIO EN CAMBADOS

CONCURSO “LA PELA ES LA PELA!” DE VÍA RADIO EN CAMBADOS

Concurso en Cambados “La pela es la pela!” de Vía Radio, que se retransmitirá en directo dende o programa “Me la pela”  dende a Praza do Concello de Cambados o día 6 de agosto. O set de concursos consta dos seguintes elementos.

– 1 cabina tipo cabina telefónica;

– 2 altofalantes;

– tótems publicitarios;

– 1 máquina de pulsadores.

No devandito concurso, os concursantes poden chegar a conseguir un premio en metálico de ata 300€. Primeiro clasificaranse para optar a gañar o premio nunha máquina de pulsadores, que medirá os seus reflexos.

Tras clasificarse, os ganadores meteranse na cabina, que é unha turbina de aire que lanza billetes de 20€ falsos e de verdade. O premio que se levará cada concursante será dun máximo de 300€, dependendo da cantidade de billetes que consiga cazar ao voo.

O horario de devandito concurso será de 20:00 h a 23:00 h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.