BASES CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2021
PRIMEIRA: poderán participar todas as persoas que o desexen.
As persoas menores de idade terán que participar baixo a responsabilidade dunha persoa adulta, que ostentará a súa representación para todos os efectos que se deriven deste concurso. As asociación serán respresentadas polo/a presidente/a.
SEGUNDA: establécense as seguintes categorías:
- Infantil: ata os 12 anos inclusive.
- Adulto: maiores de 12 anos.
- Parellas: de calquera idade conviventes.
- Grupos: de 3 a 4 persoas de calquera idade conviventes.
TERCEIRA: para poder participar debido a situación actual COVID-19, farase a través das redes sociais co cancelo #EntroidoCambados, subindo a tua foto disfrazado coa mascarilla posta.
As fotos teñen que ser enviadas entre o dia 12 e o 17 de febreiro co título do disfrace e categoría na que se inscriben.
CUARTA: o xurado composto por 8 alumnos/ as do obradorio de emprego xuvenil de dinamización de actividades de ocio e tempo libre do concello de Cambados, valorará os disfraces conforme á CREATIVIDADE, CARACTERIZACIÓN E ORIXINALIDADE. Esta valoración realizarase unha vez pechada a convocatoria o 17 de febreiro as 14:00 horas. A súa decisión será inapelable.
QUINTA: PREMIOS
- Un premio por cada categoría dun importe de 50€ en vales de compra ZONA CENTRO.
SEXTA: prohíbese a participación con animais
SÉTIMA: a relación de premios farase pública na web do Concello de Cambados o 18 de febreiro as 12:00 horas.
OITAVA: a participación no concurso supón a aceptación destas bases.