CONCERTO DE SEMANA SANTA 2023 – VOX STELLAE

CONCERTO DE SEMANA SANTA 2023 –  VOX STELLAE

Igrexa Parroquial de Cambados, 31 de marzo de 2023. 21 h.

Vox Stellae

Sopranos: Aida López, Aida Cruz                   

Altos: Mariola Góngar, Martín Viaño, Óscar Mato (guitarra barroca),

Tenores: Daniel Canosa, David Ferreiro      

Baixos: Marcos Mato, Felipe Sar

Contrabaixo: Francisco Alonso     Fagot barroco: Alejandra Rivera      Órgano: Erea Blanco

Dirección: Luís Martínez

Vox Stellae nace en 2003 con motivo dunha conferencia do musicólogo José López Calo sobre a música na Catedral de Santiago. Un dos seus sinais de identidade é a difusión da música galega, tanto a dos arquivos das catedrais como a creación contemporánea e a música popular. Amais de participar en actos institucionais e concertos didácticos, ten actuado en múltiples tempadas de abono e festivais: Vía Stellae, Espazos Sonoros, De Lugares e Órganos, Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, Semana de Música de La Laguna, Outono dos sentidos na Ribeira Sacra, Festival Internacional Provincia de Palencia, Ciclo de Música Sacra de Castilla y León, Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Camiño de Cantares, Ciclo de Música Antiga de Cambados, Festival Internacional de Música Relixiosa de Guimaraes, Festival Internacional de Grupos Vocales de Santander…

Vox Stellae colabora con agrupacións e solistas como a Orquesta de Cámara de Tenerife, Orquestra de Cámara Galega, Finis Terrae Brass, Os Menestreis de 1500, Taller Atlántico Contemporáneo, Cristina Pato, Joaquín Barreira, Manuel Vilas, Beatriz Díaz, Juan Antonio Álvarez Parejo, Juan Manuel Varela, Fernando Buíde, Joao Afonso ou o dramaturgo Maximino Queizán.

Entre o seu amplo repertorio destacan a estrea absoluta de Tres Imaxes de Compostela e Vésperas de San Martiño (M. Mato), Martine Confessor (J. Trillo) a estrea en España da Misa en Sol a Santiago de Compostela (A. Tucapsky), as reestreas da Misa en Do M (Frei R. Salvado) e a Missa Voce Mea (C. de Medrano) ou a estrea en Galicia de Rothko Chapel (M. Feldman). Dentro do proxecto de recuperación do patrimonio musical da catedral de Tui editou tres discos con música de Matías García Benayas (+1737) e outros autores dos códices polifónicos: Defensor alme Hispaniae (2013), premiado co Melómano de Ouro en 2015, Salvete Flores (2016) e Canite Tuba (2020).

Alguhas críticas:

“Ni que decir tiene que la labor del coro de cámara compostelano Vox Stellae en la grabación del disco es impoluta” (Bruno Díaz, Atlántico Diario).

“La interpretación vocal e instrumental son sencillamente impecables, a la altura de cualquier ensemble internacional” (Pablo F. Cantalapiedra, Melómano).

“La afinación del conjunto es buena, así como la musicalidad, dicción del texto e incluso un cierto misticismo a la hora de interpretar cada una de las piezas, sin excesos ni extravagancias” (Daniel Villagrasa, Melómano).

LUÍS MARTÍNEZ (director)

Nacido en Vigo, estudou Piano e Linguaxe Musical nos conservatorios de Santiago e Vigo. É Mestre especialista en Educación Musical e Licenciado en Pedagoxía pola USC.

Asistiu a aulas de perfeccionamento en diferentes ámbitos da análise e interpretación musical con mestres da talla de Miro Moreira, Dominique Velard, Pier Paolo Scattolin, Daniel Vega, Owen Reese, Peter Philips, Artur Carneiro, Constantin Alex, Bernd Valentin, Tu Shi Chiao, J. Carlos Rodilla, J. López Calo, Carmen Cruz ou Mercedes Padilla.

É membro do Orfeón Terra a Nosa e a Capela da Catedral de Santiago, agrupacións coas que participou como solista en óperas, concertos e rexistros discográficos. Colabora con agrupacións como Capela Compostelana, Capela Antiga, Capilla de Extravagantes, Grupo Siglo XX ou Hércules Brass. Como actor e recitador interpretou a Historia do Soldado (I. Stravinsky) e participou na estrea absoluta de Enigmas de la temporalidad (J. Vara) coa Real Filharmonía de Galicia. No eido da musicoloxía, colabora con Joám Trillo na edición da música do arquivo da Catedral de Tui.

Programa para Cambados

“Música para a Semana Santa”

  • STABAT MATER  a5_ Juan Francés de Iribarren (1699-1767). Venres de Dores
  • VIGILATE ET ORATE _ Cristóbal de Morales (1500-1553). Domingo de Ramos
  • IN MONTE OLIVETI _ Bonifazio Graziani (1605-1664) Xoves Santo
  • DIOS TE SALVE CRUZ PRECIOSA _ Anónimo, Cancioneiro de Palacio (s. XVI) Venres Santo
  • O VOS OMNES _ Bonifazio Graziani (1605-1664) Sábado Santo
  • BENEDICTUS DOMINUS _ Bonifazio Graziani (1605-1664)
  • VIDI AQUAM _ Anónimo, Catedral de Santiago (s. XVI) Vixilia Pascual
  • VICTIMAE PASCHALI LAUDES _ Codex Huelgas (s. XIV)
  • Polifonía: DIC NOBIS MARIA _ Juan García de Basurto (1477-1547)
  • DIC NOBIS MARÍA _ Antonio de Cabezón (1510-1566)
  • ALEGRÍA, ALEGRÍA _ Juan Ponce (1470-1521) Cancioneiro de Palacio Pascua
  • HAEC DIES a5_ Francesco Sponga-Usper (1561-1641)
  • REGINA CAELI a8 _ Joan Cererols (1618-80)
  • LAETAMINI IN DOMINO a5_ Alberich Mazak (1609-1661)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.