Mañá sábado, 28 de abril, ás 12:00 na praza do Concello haberá unha concentración en defensa dos dereitos das mulleres e en rexeitamento da sentenza á manada. Animamos a toda a veciñanza a acudir con silbatos, cacerolas e obxectos cos que facer ruído e expresar alto e claro que se agreden a unha, agrédennos a TODAS.
Non se pode tolerar ningún tipo de violencia sexual.