COMUNICADO OFICIAL DO CONCELLO DE CAMBADOS POLA GRAVE SABOTAXE QUE SUFRIRON DOUS BARCOS DO CERCO DE CAMBADOS

Dende o Concello de Cambados queremos manifestar publicamente a nosa repulsa e indignación, contra os actos de sabotaxe que por distintos Portos de Galiza están a suceder tanto nos barcos da flota do Cerco coma nos seus aparellos, producíndose na noite do 7 o 8 de Decembro unha sabotaxe nos cerqueiros de Cambados, “Capricho de Cambados” e “Capricho de Persebellos”, coa destrución dos aparellos de cerco estibadas na popa de cada barco, mediante un verquido de ácido que as queimou e que causou unhas perdas cuantiosas.

Lamentamos profundamente que se produzan esta serie de actos que veñen prexudicar a armadores e mariñeiros que tratan de sacar adiante as súas familias, tanto os que sufriron os barcos de Cambados como os que xa sufriron outras embarcacións da flota do Cerco noutros portos galegos, e que so esta a suceder en barcos que xestionan as súas cotas de forma individualizada.

Mediante este comunicado queremos mostrar a nosa mais sincera repulsa a esta serie de actos covardes e vandálicos, e polo tanto, dende o Concello de Cambados, esperamos que pronto aparezan os culpables destes feitos e que recaia sobre eles o peso da lei, por que se trata dun feito repulsivo que por desgraza afecta directamente a 24 familias de Cambados, e que dende o Concello de Cambados queremos dar o noso máis sincero apoio nestes momentos tan difíciles que están a sufrir, así como mostrar toda a dispoñibilidade para calquera axuda que precisen por parte desta institución.