COMUNICADO DO CONCELLO DE CAMBADOS

O Concello de Cambados emite este comunicado para informar das medidas de restrición á circulación no casco urbano, cortes que supoñen unha modificación do réxime normal de utilización da vía pública con relación da LXIII Festa do Viño Albariño 2015.

Dentro das competencias dos alcaldes en materia de circulación encóntrase o corte das vías urbanas cando fose necesario. Dando cumprimento ó artigo 7 da lei sobre o tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, fanse públicas as restricións á circulación no caso urbano de Cambados:

 

DO 29 DE XULLO Ó 2 DE AGOSTO:

Praza de Fefiñáns: acceso cortado ó tráfico.

Paseo da Calzada: marxe esquerda habilitado circunstancialmente como doble sentido da circulación.

Paseo Marítimo (Tramo de San Tomé): cortado ó tráfico rodado.

 

DO 29 DE XULLO Ó 2 DE AGOSTO ENTRE AS 17 HORAS E AS 8 HORAS:

Avenida de Vilariño: desvío do tráfico rodado que circule pola PO-550 en dirección ó centro de Cambados cara a Avenida do Salnés (todas as direccións). Unicamente se permitirá o tránsito ós residentes. O tramo comprendido entre a Praza do Concello e o Cruce da Xuventude estará totalmente cortado ó tráfico rodado.

Avenida de Galicia: desvío do tráfico rodado que circule pola PO-550 en dirección ó centro de Cambados cara a rúa Os Olmos (todas as direccións). Unicamente se permitirá o tránsito de residentes.

Avenida da Pastora: corte de dita vía para todos aqueles vehículos que procedentes da Rúa do Castro e Rúa Os Olmos pretendan acceder á mesma. Unicamente se permitirá o tránsito de residentes.

Rúa do Castro: acceso cortado ó tráfico rodado desde a PO-550.

Illa das Goritas: acceso cortado ó tráfico rodado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.