A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que, por causas totalmente alleas á nosavontade, vemonos na obriga de aprazar para unha nova data a celebración da VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS. Os motivos de tal decisión débense a que a Xunta de Galicia, por medio da súa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Xefatura Territorial de Pontevedra, non autoriza, mediante informe vinculante da Xefatura Provincial de Tráfico, a celebración da devandita proba o día 3 de xullo, por ser esta unha data non hábil a efectos da “celebración de probas deportivas cuxo obxecto sexa competir en espazo e tempo polas vías ou terreos obxecto da lexislación sobre tráfico”.
É competencia da administración autonómica expedir os permisos convenientes cando a proba se desenvolva nalgunha das múltiples travesías dentro do ámbito territorial da provincia, e a nosa carreira, con circuito homologado pola RFEA, discorre nalgún tramo por travesías que, si ben se enmarcan dentro do casco urbán, son competencia da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Dito isto, comunicarlle aos atletas que xa estaban inscritos que á maior brevidade posible se lles reintegrará o importe da inscripción por parte da empresa de cronometraxe Championchipnorte; do mesmo modo que se piden desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.
Por último, manifestar que desde a Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados xa se está buscando unha nova data para a realización da proba que, probablemente, se celebre unha vez rematado o periodo estival.