Comunicado da concellaría de medio ambiente

Carta Aberta a cidadanía:

Estimado/a Veciño/a,

A nova Directiva da Unión Europea [Dir (UE) 2018/851], publicada no BOE do 30 de Maio do 2018, comprométenos a implantar unha nova recollida selectiva antes do 31 de Decembro de 2020. Así pois, ademais de separar como xa facemos, os envases de plástico (contentor amarelo), de vidro (iglú verde) e de papel/cartón (contentor azul), teremos que separar tamén o residuo orgánico (ou bioresiduo) dos nosos fogares. Esta fracción representa peso moi considerable no total do lixo que producimos nas casas, representando aproximadamente un 45-50%. Asemade, esta nova regulación nos obriga á recollida separada do téxtil e os residuos urbanos perigosos a cumprimentar nun prazo algo maior, 2024.

Dende o Concello de Cambados hai tempo que estamos a traballar cunha conciencia medioambiental firme e decidida na xestión dos refugallos domiciliarios. Neste sentido, e adiantándonos a lexislación Europea, xa introducimos ó longo do 2016 e  2017 algunha das recomendacións da Economía Circular na xestión dos refugallos urbanos biodegradables, ó tratalos mediante compostaxe en diferentes iniciativas. Por un lado, implantamos composteiros comunitarios nos barrios do Pombal e Os Olmos e repartimos composteiros individuais, e por outro levamos a cabo unha campaña nos colexios con actividades para os rapaces de sensibilización e concienciación ambientais.

Para poder cumprir cos compromisos que dende a Unión Europea se nos impoñen, e seguir traballando con eses obxectivos de concienciación e responsabilidade medioambiental contra o cambio climático, dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Cambados, estamos a promover a adhesión voluntaria dos veciños e veciñas que así o consideren a un plan de autocompostaxe local.

Este plan consta de varias accións, pero basicamente pasa por tres puntos. O traballo nos centros educativos, a compostaxe de proximidade (ben sea na propia finca do veciño ou e centros comunitarios) e a formación e informacion ós veciños e empresas que así o soliciten. Describiremos brevemente agora estas inciativas:

  1. Nos centros educativos, despois dunha evaluación incial do estado da xestión dos refugallos decidiuse por implementar un plan con tres vertentes.
  • Por un lado, continuaránse ofrecendo as actividades coordinadas polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) para os cativos e seguiránse desenvolvendo a autocompostaxe con ampliacións dos composteiros que xa hai instalados nos centros dos CEIP de Castrelo, Corvillon, Enrique Barreiro Piñeiro e Antonio Magariños. Ademais, instalaranse novos composteiros na Gardería Municipal e na Pastora e ampliaráse a oferta a todos aqueles que o soliciten.
  • Por outro, comezaremos a tratar os restos do xardín destes centros coa preparación de novos composteiros para tratar unicamente a fracción vexetal.
  • Finalmente, dotaremos ós centros de papeleiras multifracción para a recollida separada nas zonas comúns e nas aulas, así como contentores de 240L con rodas para facilitar o traslado dos refugallos separados polo centro ate a illa de contenerización máis preta.
  1. Así mesmo, iniciáronse os estudos técnicos encamiñados a aumentar paulatinamente a implantación da autocompostaxe. Neste plan diferénciase moi claramente as zonas densamente poboadas das áreas dispersas. Estas últimas, dado que as vivendas teñen a miudo unha parcela cun chan “vivo”, a instalación de composteiros individuais é tecnicamente viable e moi recomendable ambientalmente, sendo por tanto a iniciativa priotaria. Pola contra, nas áreas mais poboadas, o plantexamento para o tratamento dos residuos orgánicos xerados nos fogares sería a traves de centros de compostaxe comunitaria,  como os xa instalados na zona do Pombal e máis en San Tomé, que en conxunto trataron aproximadamente 35 Tn de residuos ó longo deste 2018.

Mediante estas tecnoloxías de compostaxe (tanto os composteiros individuais como os comunitarios), e contando coa colaboración cidadá,  potencialmente poderíase alcanzar a cubrir case que totalmente a materia organica producida nos fogares do concello. Nembargantes, respecto do total da fracción orgánica producida no Concello  aínda quedarían moitísimo por facer, por exemplo a atención dos denominados productores singulares residuos (sector servicios,  alimentación, establecementos do sector HORECA, industria agroalimentaria, etc.), que debido a cantidade e tipoloxía de residuos orgánicos xerados estamos aínda deseñando unha estratexia que minimice os impactos e reduza os custos e os axuste na medida do posible a taxa municipal de recollida.

  1. Co obxetivo da realización dunha pequena enquisa sobre a producción de lixo nos fogares así como para a exposicón destas medidas que dende o Concello se estan plantexando respecto da produción e a xestión Municipal destes refugallos, nos próximos dias, recibirá no seu domicilio a visita dun Técnico Municipal.

Así pois, para achegar a cidadanía  o máis posible toda esta información, tamén se farán charlas informativas e formativas nas parroquias, comezando pola de Corvillón, no centro socicultural Xacobe Castro, o vindeiro Luns 14 de Xaneiro do 2019.

Estas son algunhas inciativas, entre outras que estamos a traballar, como o tratamento dos restos das limpezas de parques, xardíns e praias e os estos vexetais nos cemiterios, ou a atención ós grandes productores singulares que comentamos anteriormente, tan prominentes no Concello e que , sen dúbida, teremos que abordar máis pronto que tarde para poder cumprir cos novos requerimentos ambientais e sobre a xestión dos residuos urbanos da Union Europea.

Ainda así, quedarían moitísimo por facer, non so respecto a materia orgánica, senón para atender o resto de fraccións dos refugallos municipais, posto que os datos que ano a ano imos recollendo da recollida separada, da xestión do punto limpo ou a eliminación de voluminosos domiciliarios non terminan de ser satisfactorios.

Para poder coordinar todas estas labores relacionadas coa compostaxe e as novas regulacións en materia de residuos, dende o mes de Decembro o Concello de Cambados conta con novo persoal Técnico, un Mestre Composteiro formado pola Deputación de Pontevedra. Así pois, se está interesado en colaborar e recibir un COMPOSTEIRO INDIVIDUAL totalmente gratuito, para instalar na súa propiedade  ou ben participar nos novos Centros Comunitarios de Compostaxe e reducir así a cantidade de lixo que o Concello produce, ou ten calquera dúbida sobre a xestion dos refugallos, por favor chame (986 520 902, Ext 746) ou escriba cambados.composta@gmail.com para concretar unha visita co Mestre Composteiro.

Finalmente, informar á cidadanía dun acto informativo e de consulta para os cidadás, asi como a entrega de Compost producido polos veciños/as o vindeiro sábado día 5 de Xaneiro,  nunha marquesina que estará instalada o carón do mercado Municipal.

Con todas estas iniciativas, de novo poñemos de manifesto o firme compromiso deste concello polo Medio Ambiente e o tratamento dos residuos demostrando que nos preocupamos polo benestar dos noso veciños.

Comecemos ben este 2019, coa colaboración de todos conseguiremos dar un bo exemplo na xestión do lixo.

Cambados a 27 de decembro de 2018

María Xosé Cacabelos Domínguez (Concelleira de Medio Ambiente)