Xa está aberto o prazo de inscricións para o XV Campamento Urbano “A Pastora”, que este ano ten por lema “co galego, encontro c@s amig@s”
O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 22 de xuño, ou ata esgotar as prazas (serán cubertas por orde de inscrición) e poderán participar nenos e nenas de primaria (a partir de 1º rematado)
Este campamento celebrarase de luns a venres da última semana de xuño (do 26 ao 30) na Pastora, en horario de 10 a 14:30 horas e contará con diversas actividades como xogos, contos, búsqueda do tesouro, etc. Tamén se realizará unha saída ata a Siradella.
Para máis información e inscripcións, poden acudir á OMIX (centro sociocultural “A Merced”, 1ª planta (av. da Coruña s/n)) ou chamar aos teléfonos 986542663/673533331 de luns a venres entre as 10 e as 14 horas.
Tamén se informa que segue aberto o prazo de inscricións para os cursos:
-Educamos en Galego:
– Xogos tradicionais (13-20 e 27 de xuño, de 10 a 12h)
– Deporte adaptado (22-29 de xuño, de 10 a 12h)
-Xogando a contar contos…
– Os contos en braille
– Os contos e os pictogramas
– Os contos e a linguaxe de signos
– Os contos inclusivos e coeducativos
Datas: 12 / 14 / 19 / 21 de xuño
Lugar: centro sociocultural “a Merced”