A Concellería de Xuventude do Concello de Cambados quere agradecer aos alunmos e alumnas a súa participación nos talleres monográficos de tempo libre que se desenvolveron no centro sociocultural da Merced durante o mes de abril, adicados á globoflexia e á creatividade con materiais de reciclaxe.
Ademáis, infórmase de que se amplía unha semana máis o prazo de inscripción para os talleres de primeiros auxilios impartidos pola Cruz Vermella, ata completar o número suficiente de inscricións.
Tamén se informa de que continúa aberto o prazo de inscrición para os obradoiros Querote+, os cales se impartirán de maneira gratuíta e tratarán os seguintes temas:
- Imaxe corporal e autoestima (23 de maio, de 11 a 13h)
- Ciberseguridade (25 de maio, de 11 a 13h)