CINE NA RUA

CINE NA RUA

Hoxe na praza de Alfredo Brañas: Cine na rúa, coa proxección do filme “A

Esmorga” de Ignacio Vilar (Baseado na novela de Eduardo Blanco Amor)

A partires da 22:00 horas.

A esmorga é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar, adaptación da obra homónima de Eduardo Blanco Amor. Está protagonizada por Miguel de Lira que interpreta a Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán “Morris” como Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou e onde trascorre a noite de troula dos tres personaxes principais.
O 15 de novembro de 2014, A esmorga proxectouse na inauguración da XIX edición do Festival de Cine de Ourense e estreouse nos cines de toda Galicia o 21 de novembro do mesmo ano. Grazas ó éxito colleitado nos cines galegos, o filme estreouse en España (en galego con subtítulos e dobrada ó castelán) o 8 de maio de 2015.