O Concello de Cambados pon en marcha un cicli de teatro infantil e familiar coas seguintes obras:
29-01-2017:
Elefante Elegante – DANZA DA CHOIVA –
O Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento.
As súas creacións buscan a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.
Elenco artístico: Gonçalo Guerreiro e María Torres
Texto promocional: Que aconteceria se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a DANZA DA CHOIVA, un espectáculo de Teatro Xestual, con Danza, Manipulación de obxectos e Monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan o público familiar e infantil a partir dos 3 anos.
05-02-2017:
Trinketrinke teatro – AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA.
Elenco artístico: Vanessa Rivas, Pablo Sánchez e Fernando Alonso
Texto promocional: Berenguela é unha alegre espiña de toxo.Atópase coa arrogante folla de carballo e decide xogar con ela. Pero a folla desprézaa e insúltaa.
A discusión acaba en pelexa e a folla de carballo denuncia á espiña.
Esta peza de teatro distribuída en nove actos breves, ademais de ser líricamente moi fermosa,sinala unha forte crítica social, a do abuso do poder, nunha sociedade na que os humildes sempre perden diante dos privilexiados.
12-02-2017:
Os Monicreques de Kukas – O ENCORO ENMEIGADO ( NAS FRAGAS DO EUME)
Elenco artístico: Marcelino de Santiago, MIguel Cabaleiro, Isabel Rey
Texto promocional: O espectáculo O Encoro enmeigado (nas fragas do eume) ten a intención de espertar entre os espectadores, sobre todo os máis novos, o respecto polo medio ambiente, a valoración da Natureza, e o compromiso co coidado do noso entorno e a fauna que vive nel e dunha maneira moi especial coa conservación dos nosos ríos e bosques. E ó mesmo tempo recuperar e por en valor aos personaxes míticos da nosa cultura popular que van a servirnos a nivel narrativo de enlace entre o mundo dos humanos e o dos animais e as plantas.
Os personaxes son interpretados por marionetasdun tamaño duns 50 cm., tipo marote, para ser manipuladas sobre mesa por tres actores á vista, pero discretamente ocultos grazas a iluminación centrada sobre todo no espazo escénico á escala.
19-02-2017:
Baobab Teatro S.L – O LOBO E A LÚA
Elenco artístico: Actor/Manpulador: Xose Manuel Esperante, Actriz/Manipuladora: Cora Sayers
Texto promocional: O LOBO E A LÚA (PREMIO BARRIGA VERDE)
O lobo é a lúa conta a historia dun lobo que chama pola lúa, ten que falar con ela, ten algo moi importante que dicirlle, pero a lúa está moi alta e non lle escoita. Pequeno lobo fará o imposible para falar coa lúa.
O lobo e a lúa é un espectáulo tenro, acolledor e divertido, pensado para nenos/as a partir de 3 anos, cunha duración de 45 minutos.
ENTRADA NORMAL: 3.5 €
ENTRADA REDUCIDA*: 2.5 € *(MAIORES DE 65 ANOS, MENORES DE 18 ANOS, PENSIONISTAS, XUBILADOS, DESEMPLEADOS, ESTUDANTES)