• A mostra, na que se expoñen réplicas animatrónicas con movemento real, poderá visitarse o sábado e o domingo, entre as 12.00h e 14.00h e de 18.00h a 20.00h, no Salón de Exposicións José Peña
• As entradas xa están á venda en ataquilla.com e tamén poderán comprarse alí os días do evento
O mundo dos dinosauros chega a Cambados esta fin de semana da man de “Dinosaurs live – The exhibition”, unha exposición interactiva con réplicas animatrónicas das criaturas que habitaron a terra hai máis de 200 millóns de anos.
A mostra, que incluirá actividades para toda a familia, poderá verse esta fin de semana no Salón de Exposicións José Peña, entre as 12.00h e 14.00h e de 18.00h a 20.00h.
As entradas están xa á venda en ataquilla.com e tamén se poderán mercar no propio Salón de Peña os propios días do evento. O prezo é de 8€ para adultos e 6€ para nenos.
Escavar un fósil ou subir nun T-REX
‘Dinosaurs Live – The Exhibition-‘, que tivo a súa estrea a pasada semana en Salceda de Caselas, é unha exposición completamente novidosa que chega por vez primeira a Galicia.
Os asistentes poderán gozar desta incrible mostra guiados por un “aloucado” explorador que lles descubrirá os segredos e datos curiosos destas xigantes criaturas.
Ademais, para que os máis pequenos se convertan en súper exploradores, á entrada faráselle entrega dun cuestionario con preguntas e probas que terán que ir realizando durante o percorrido. Algunhas delas son: facerse unha foto dentro dun ovo de dinosauro, subir a costas dun T-Rex, ou demostrar os seus coñecementos sobre paleontoloxía escavando e descubrindo os fósiles que se agochan baixo a area da exposición.