Máis dun centenar de persoas déronse cita onte á noite en Exposalnés, onde o Concello de Cambados colaborando coa Asociación Zona Centro e o despacho de avogados Miguelez e Asociados ofrecía unha charla sobre as “CLAUSULAS SUELO”.
A actividade foi organizada pola asociación de comerciantes, Cambados Zona Centro, e contaba coa colaboración do Concello. Os ponentes explicaron ao público en que consisten estas cláusulas e cal é o procedemento para reclamar o diñeiro ás entidades bancarias.
O concelleiro de Economía, Xurxo Charlín, explicou na presentación da charla que algúns veciños acudiron xa á oficina do consumidor (OMIC), pero que nesta non se poden tramitar as reclamaciones ante os bancos. O interese polas cláusulas chan e os gastos hipotecarios disparouse desde que a finais de decembro pasado o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditaminase que cando ditas cláusulas son abusivas, o consumidor ten dereito a que se lle devolva o diñeiro cobrado indebidamente.
Este interese viuse incrementando aínda máis desde a publicación do decreto do Goberno que regula o trámite extraxudicial para a reclamación dos intereses cobrados indebidamente. Zona Centro contactou co despacho de Miguélez e Asociados para que impartiesen a conferencia.