CELEBRACIÓN DO DÍA DO USUARIO/A DA BIBLIOTECA LUÍS REI

CELEBRACIÓN DO DÍA DO USUARIO/A DA BIBLIOTECA LUÍS REI

Empeza un novo ano e con el iníciase o novo Calendario do Libro e a Lectura que recomenda a Rede de Bibliotecas de Galicia para este 2017. A primeira efeméride é o Día do Usuario/a o vindeiro mércores 11 de xaneiro e a Biblioteca Municipal Luís Rei quere sumarse a dita celebración.

Con tal motivo está previsto realizar visitas guiadas aos nenos e nenas que asisten cada tarde ás actividades programadas durante este curso. O obxectivo das mesmas é mostrarlles que eles, os usuarios e usuarias, son a verdadeira razón pola que existen as bibliotecas públicas, dado que sen eles difícil sería levar a cabo un dos seus labores fundamentais, difundir o amor pola lectura e os libros. Ademais, amosaráselles como a atención, a mellora continua dos servizos, a actitude empática… constitúen o abecé fundamental para crear das bibliotecas espazos vivos e dinámicos que satisfagan as novas necesidades dos usuarios.

Os días 10, 11 e 12 durante arredor dunha hora pola tarde un grupo de 10-15 nenos, coñecerán, da man dos técnicos culturais que traballan na biblioteca, cal é a historia da casa que a alberga, como é o día a día dun bibliotecario, cales son os servizos que se ofertan, espazos normalmente pechados ao público etc. Ademais haberá tempo para realizar tarefas propias como empréstitos de libros, búsquedas de información, consultas anecdóticas como quen foi o primeiro usuario da biblioteca, cales son os volumes con máis éxito, como se colocan os libros etc.

O que se pretende en definitiva é por el valor a figura do usuario e os servizos dos que pode beneficiarse na biblioteca Luís Rei, que no mes de marzo do pasado ano recibira o premio Biblioteca Pública e Compromiso Social, convocado por la Fundación Biblioteca Social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.