CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS DURANTE O MES DE OUTUBRO

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS DURANTE O MES DE OUTUBRO

Dende o Concello de Cambados, estáse a organizar a celebración do Día das Bibliotecas que se ampliará a varios días do mes de outubro.

Así, comezarán coa compañía Trinke Trinke e os seus famosos ratiños e ratiñas das bibliotecas que inician este venres 14 un periplo polas diferentes axencias de lectura das parroquias dando a coñecer a versión ratoniana do conto “O Coelliño Branco”. Trátase de sesións gratuítas de contacontos ás 18.30 horas, grazas ao programa Ler conta Moito, da Xunta de Galicia: o venres 14 de outubro estarán no centro Gumersindo Márquez de Oubiña, o luns 17 de outubro estarán na Biblioteca Luís Rei de Cambados, celebrando ademais o 6º aniversario da súa reubicación na Casa dos Fraga. Ao día seguinte visitarán a parroquia de Castrelo, o 19 estarán no centro Xacobe Castro de Corvillón e o xoves 20 rematarán en Vilariño. Ó público destinatario é fundamentalmente rapaces e rapazas de 3 a 8 anos e as súas familias.

Ademais está proxectada unha contada o 24 de outubro ás 20.00 horas no Auditorio Municipal para todos os públicos da man de Raquel Queizás que leva por nome “A Orixe”, tamén grazas ao programa da Xunta de Galicia Ler conta Moito. Preténdese agradecer aos usuarios da Biblioteca Municipal Luís Rei e as axencias de lectura das parroquias, o seu apoio e a súa participación en todas e cada unha das actividades que desenvolven ao longo do ano. Así, ao rematar o espectáculo, rapaces e rapazas asiduos da biblioteca lerán un manifesto a prol da lectura e os libros, que este ano escribíu a Premio Nacional de Literatura Infantil 2015, Ledicia Costas, e a continuación galardoarase aos lectores máis activos neste ano, cun lote de libros.


Descargar: O Coelliño Branco 2016.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.