É unha asociación cultural cambadesa formada por mariscadoras e redeiras. A asociación realiza visitas guiadas pola beiramar e os bancos marisqueiros. Ao finalizar as visitas ofrécese, como agasallo, unha pequena bolsa feita a man polas redeiras, con cunchas das diferentes especies de mariscos da zona.
- GUIMATUR
Saída da caseta de Guimatur, situada no paseo da Calzada, polo paseo marítimo ata o barrio mariñeiro de San Tomé.
Porto de Tragove
Punto de encontro para a saída da ruta na Lonxa de pescadores de Tragove.