Showing 9 from 79 Items

Count:
Sort by:
Order:
  • Adegas
  • Cambados, capital do Albariño
  • Festa do Albariño
  • GUIMATUR
  • Lecer
  • Museos
  • PAVI - TREN
  • Vila de Cambados
  • Vila de Fefiñáns
  • Vila de San Tomé

Situada aos pés do monte da Pastora, nas inmediacións dun antigo castro, atópanse os restos da antiga igrexa parroquial de Santa Mariña, patroa de Cambados.

Situada no monte da Pastora, moi próxima ás ruínas de Santa Mariña. Foi construída a finais do s. XVI por Juan Fariña, notario da vila, e posta baixo a advocación do Bo Xesús e a Virxe das Neves, posteriormente substituída pola da Pastora no s.…

Fermosa rúa peonil que une o centro de Cambados coa vila mariñeira de San Tomé. Nesta rúa podemos atopar o pazo de Moltó, a capela do Hospital e a capela de Santa Margarida.

Foi mandado construír polos señores de Bazán e por Alonso Troncoso y Sotomayor. Era un antigo Hospital Real do s. XVI que alberga na actualidade unha cafetería e un afamado restaurante cunha estrela Michelín.

Antigamente coñecida co nome de capela de San Roque, formaba parte do pazo pertencente á familia dos Abraldes, desparecido no s. XVIII e do que só quedou en pé a capela. Fronte a ela podemos ver un cruceiro, elemento típico galego.

O Salón de Congresos e Exposicións José Peña foi inaugurado o 25 de marzo de 2011, e encerra nos seus muros case un século de historia. O nome que se lle deu é o do fundador da conserveira e ex alcalde de Cambados José Peña Oubiña.

D. Diego de Zárate y Murga , I Marqués de Montesacro por decreto de Felipe V, construíu na vila de San Tomé o pazo de Montesacro no s. XVIII, ao estilo barroco da época.

Capela ligada ao Pazo de Moltó que foi construído coma hospital para os enfermos das epidemias do século XVII polos señores de Bazán e por D. Alonso Troncoso e Soutomaior. Alberga no seu interior un retablo barroco no que destacan as imaxes da virxe…

O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago a principios do s. IX e o posterior levantamento da catedral, provocaron que xurdisen estas torres de vixía para defender a ría de Arousa e Compostela dos ataques de normandos e viquingos.