Cambados é un auténtico museo ao aire libre esculpido en granito, que atesoura un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia pola infinidade de pazos señoriais, rúas nobres, monumentos, esculturas... Cambados nace da fusión de tres vilas históricas que manteñen a súa autenticidade: Fefiñáns, cun marcado carácter nobre, Cambados cas súas belas prazas, rúas e ruínas de Santa Mariña, e o carácter eminentemente mariñeiro de San Tomé. A unión delas fai de Cambados un lugar único en Galicia.

Showing 10 from 32 Items

Count:
Sort by:
Order:
  • Vila de Cambados
  • Vila de Fefiñáns
  • Vila de San Tomé

A Casa dos Fraga é unha fermosa edificación de finais do s. XIX, que ocupa os terreos onde probablemente se situaba a parte do claustro do antigo convento de San Francisco.

Foi construído no soar que ocupaba a antiga morada de D. Lope Sánchez de Ulloa pola súa filla Dna. María Sanchez de Ulloa, sendo residencia dos seus fillos D. Diego de Acevedo, militar, e D. Alonso Fonseca III, arcebispo de Santiago e de Toledo e un…

Antiga casa reitoral do s. XVI, pasa a formar parte da Rede de Museos do Concello de Cambados en 2001, sendo o primeiro museo desta temática en Galicia, e un dos primeiros en  España.

Situada aos pés do monte da Pastora, nas inmediacións dun antigo castro, atópanse os restos da antiga igrexa parroquial de Santa Mariña, patroa de Cambados.

Situada no monte da Pastora, moi próxima ás ruínas de Santa Mariña. Foi construída a finais do s. XVI por Juan Fariña, notario da vila, e posta baixo a advocación do Bo Xesús e a Virxe das Neves, posteriormente substituída pola da Pastora no s.…

Fermosa rúa peonil que une o centro de Cambados coa vila mariñeira de San Tomé. Nesta rúa podemos atopar o pazo de Moltó, a capela do Hospital e a capela de Santa Margarida.

Foi mandado construír polos señores de Bazán e por Alonso Troncoso y Sotomayor. Era un antigo Hospital Real do s. XVI que alberga na actualidade unha cafetería e un afamado restaurante cunha estrela Michelín.

Antigamente coñecida co nome de capela de San Roque, formaba parte do pazo pertencente á familia dos Abraldes, desparecido no s. XVIII e do que só quedou en pé a capela. Fronte a ela podemos ver un cruceiro, elemento típico galego.

O Salón de Congresos e Exposicións José Peña foi inaugurado o 25 de marzo de 2011, e encerra nos seus muros case un século de historia. O nome que se lle deu é o do fundador da conserveira e ex alcalde de Cambados José Peña Oubiña.

D. Diego de Zárate y Murga , I Marqués de Montesacro por decreto de Felipe V, construíu na vila de San Tomé o pazo de Montesacro no s. XVIII, ao estilo barroco da época.