Cambados é un auténtico museo ao aire libre esculpido en granito, que atesoura un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia pola infinidade de pazos señoriais, rúas nobres, monumentos, esculturas... Cambados nace da fusión de tres vilas históricas que manteñen a súa autenticidade: Fefiñáns, cun marcado carácter nobre, Cambados cas súas belas prazas, rúas e ruínas de Santa Mariña, e o carácter eminentemente mariñeiro de San Tomé. A unión delas fai de Cambados un lugar único en Galicia.

Showing 10 from 32 Items

Count:
Sort by:
Order:
  • Vila de Cambados
  • Vila de Fefiñáns
  • Vila de San Tomé

Mandado construír por D. Pedro Bazán de Torres, párroco de Cambados, no s. XVII, reconstruído no s. XVIII por Pedro Bazán de Mendoza, sendo residencia do seu fillo Pedro Pablo Bazán de Mendoza, famoso tradutor de Voltaire, e de Luisa Bazán,  bisavoa…

Peza realizada en bronce por Lucas Míguez en conmemoración do 50 aniversario da morte do escultor no 2011.

O paseo da Calzada é a unión natural entre as antigas vilas de Fefiñáns e Cambados. Construiuse no ano 1852 con pedras do antigo convento de San Francisco e, posteriormente plantáronse as árbores no 1855.

Data do ano 1850, e foi construído nun primeiro momento para albergar o cárcere e o xulgado do partido xudicial de Cambados.

Cambados, coñecido por ser a Capital do Viño Albariño, situou nesta praza no 50 aniversario da festa do viño, unha estatua de bronce feita polo escultor Francisco Leiro, adicada a Baco, deus do viño na mitoloxía romana.

Data do s. XVII, e é unha excelente mostra do que foron e son as casas nobres de Cambados. Destaca a torre almeada da década dos 60, así como distintos escudos das liñaxes familiares, entre os que se atopan os dos Feijoo, os dos Sotomayor, e os dos…

Construída no s. XIX, destaca a decoración da súa fachada, de claros matices neobarrocos en forma de numerosas cunchas de vieiras.

Antiga praza da Constitución, era o lugar onde se atopaba o primeiro edificio do consistorio, ata que se trasladou no ano 1873 á situación actual.

Situada moi próxima á praza Alfredo Brañas, a casa Fariña, pertencente ao antigo procurador D. Luís Fariña, ostenta na súa fachada un elegante escudo de armas dos fundadores: os Figueroa, os Valladares, os Sotomayor, entre outros.

Fundado baixo a orde franciscana e posta baixo a advocación da Inmaculada Concepción polo matrimonio natural de Vilaxoán D. Juan Daval e Dna. María Pérez no ano 1588.