Cambados é un auténtico museo ao aire libre esculpido en granito, que atesoura un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia pola infinidade de pazos señoriais, rúas nobres, monumentos, esculturas... Cambados nace da fusión de tres vilas históricas que manteñen a súa autenticidade: Fefiñáns, cun marcado carácter nobre, Cambados cas súas belas prazas, rúas e ruínas de Santa Mariña, e o carácter eminentemente mariñeiro de San Tomé. A unión delas fai de Cambados un lugar único en Galicia.

Showing 10 from 32 Items

Count:
Sort by:
Order:
  • Vila de Cambados
  • Vila de Fefiñáns
  • Vila de San Tomé

A praza de Fefiñáns está formada polo pazo de Fefiñáns, a arco-ponte, a atalaia Torre da Homenaxe, e pola igrexa de San Bieito, sendo un dos conxuntos arquitectónicos máis fermosos e admirados de Galicia. Antigamente era coñecida como a praza do…

Declarado no mes de agosto do 2012 Ben de Interese Cultural o pazo de Fefiñáns comezou a súa construción no s. XVI por mandato de Juan Sarmiento y Valladares, señor de Fefiñáns e conselleiro de Felipe II, a obra terminouna o seu sobriño D. Gonzalo…

Antigo templo románico, remodelado a comezos do s. XV e reedificado no s. XVII por orde de D. Gonzalo de Valladares poñéndoa baixo o patrocinio de San Bieito. Ao igual que o pazo de Fefiñáns foi declarado Ben de Interese Cultural en agosto de 2012.

Única ponte en forma de  arco que se conserva das catro que antigamente existían na praza. Eran utilizadas polos nobres do pazo para desprazarse polas distintas dependencias do conxunto, ou para acceder á parte privada que posuían na igrexa de San…

Torre-miradoiro do s.XVI.

Mandado construír no ano 1622 por D. Gonzalo de Valladares, I Vizconde de Fefiñáns, na parroquia cambadesa de San Mamede de Corvillón, entre Fefiñáns e Tragove.

A casa natal de Ramón Cabanillas é unha pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñáns, que foi rehabilitada e transformada en casa museo e aberta ao público o 28 de xullo de 1998.

Esta praza era antigamente coñecida co nome de praza Diaria, posto que era un lugar no que se podían adquirir produtos frescos, como peixe e verduras diariamente.

Praza adicada ao escultor cambadés do mesmo nome. Nela  atópase unha réplica de “A Naiciña”, unha das obras máis coñecidas do escultor, feita polo discípulo de Asorey,  Xosé Cao Lata.

Edificado na segunda metade do s. XVIII pola familia Torre de Asadelos, destacan na fachada deste pazo o patín ca porta frontal de granito, os escudos de armas coas liñaxes familiares, e o portal da entrada principal.