Ata o30 de xuño de 2016 lévase a cabo unha Exposición de Carteis con temática de prevención do uso/abuso de alcohol e fomento de bebidas saudables (“Prevealcohol cos nenos e nenas”) no Centro Sociocultural e Xuvenil “A Merced” (hall de entrada) do concello de Cambados.
Estes carteis, englobados na “XI edición dos Obradoiros de bebidas saudables” levada a cabo por parte do Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (SPAD de Vilagarcía de Arousa), foron elaborados por parte do alumnado de 5º de Educación Primaria (10-11 anos) dos centros educativos de Cambados.
En total a exposición está composta de 47 carteis e na súa eloboración participaron 122 alumnos/as e 6 mestres/as (poboación total de 128) de catro centros educativos: CEP “Antonio Magariños Pastoriza”, CEIP “Castrelo”, CEIP “Enrique Barreiro Piñeiro” e CEIP “San Tomé”.
Os obradoiros de bebidas saudables (intervención preventiva en relación co alcohol) foron levados a cabo durante o actual curso escolar en todos os concellos da nosa área xeográfica de actuación. En Cambados realizáronse un total de 4 obradoiros (9 sesións), nas que participaron 135 alumnos/as e 7 profesors/as (poboación total de 142) dos catro centros escolares nomeados anteriormente.
O día 26 de maio realizouse a selección dos carteis premiados, na que participou como xurado: o Concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Cambados (Sr. D. Constantino Cordal Rodríguez); dous técnicos da Concellería de Cultura do concello de Cambados; dous representantes do profesorado dos CEP “Antonio Magariños Pastoriza” e CEIP “San Tomé”; a técnico responsable da área de Prevención do SPAD de Vilagarcía de Arousa.
O día 9 de xuño, ás 17:00h., celébrase no Centro Sociocultural e Xuvenil “A Merced” (1º andar) o acto de entrega de diplomas e lotes de material didáctico aos premiados desta edición.
Os CARTEIS PREMIADOS foron os seguintes:
1º PREMIO: Cartel “O alcohol dana a vista e ademais arruínache a vida”.
C.E.I.P. “Castrelo”
Autores/as: · Miguel Cousido Casal · Manuel José Esteves Yuguero · Marta Fernández Rodríguez · Luis Manuel Giráldez Casal · Claudia González Vidal · Sergio Poceiro Blanco · Alba Seijas Domínguez |
2º PREMIO:
Cartel “Que calor!. Ou vai moito sol… ou bebín moito alcohol”.
C.E.I.P. “Castrelo”
Autores/as: · José Luis Castro González · Miriam Domínguez Fernández · Roberto Fernández Mayáns · Sara Lago Romero · Cristian Mesías Caneda · Brian Oubiña González · Borja Prieto Álvarez |
3º PREMIO:
Cartel “Sabes que el alcohol te ha traicionado cuando dejas a tu familia de lado”.
C.E.I.P. “San Tomé”
Autora: · Ángela Costa Trigo |
4º PREMIOS (dous premiados):
Cartel “O alcohol nunca é a solución”.
C.E.P. “Antonio Magariños Pastoriza”
Autores/as: · Andrea Hermida Loureiro · Pablo Portas López · Naomi Rey Rey · Diego Yrago Corbacho |
Cartel “Se queres vivir máis, as malas bebidas non has de probar”.
C.E.I.P. “Enrique Barreiro Pieñeiro”
Autores/as: · Uxía Ameneiro Núñez · Pablo Casal Millán · Gabriel Martínez Camino · Adrián Suárez Ribeiro |
Desexamos agredecer a alta implicación amosada por parte do profesorado dos centros educativos participantes tanto nesta como noutras diversas actividades preventivas ao longo do curso escolar.