CAMPIONATO “COPA XUNTA DE GALICIA DE TÉCNICA” DE TAEKWONDO.

CAMPIONATO “COPA XUNTA DE GALICIA DE TÉCNICA” DE TAEKWONDO.

Este sábado, o Clube Vital Sport Cambados, desprazou ata a localidade de Vilalba a oito competidores que previamente se clasificaron na fase provincial “Copa Deputación”, para disputar o Campionato Autonómico da especialidade de Técnica de Taekwondo.

Dirixidos pola adestradora Noelia Gomez, acadaron un moi bo resultado ao conseguir dúas excelentes medallas de prata, unha a cargo de Ariana Mosteiro Vilas, en categoría infantil A3, e a outra por parte de Mario Blanco Falcón, en categoría Infantil D2, quedando o resto de competidores moi preto dos postos de podio. Estes resultados son moi satisfactorios, e máis tendo en conta que neste campionato autonómico competiron 558 deportistas dun elevado nivel, polo que a adestradora, Noelia Gomez, que está realizando un excelente traballo con nenos de apenas tres anos, e ata idades adultas, e o resto da expedición, voltaron con moi boas sensacións e moito ánimo para seguir mellorando día a día e acadar co tempo resultados aínda mellores que os colleitados ata a data, os cales, dende o Clube, que conta con pouco máis de dous anos de existencia, consideran excelentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.