CAMPAÑA PARA PROMOVER A ADOPCIÓN DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA

CAMPAÑA PARA PROMOVER A ADOPCIÓN DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA

O Concello de Cambados e o Refuxio de Animais de Cambados iniciaron hoxe unha campaña para promover a adopción de animais de compañía.

Ambas entidades acordaron a iniciativa en vista do elevado número de abandonos rexistrados no que vai de ano: máis de 300 segundo os datos da protectora.

A cifra é moi superior á dos momentos máis críticos da pandemia, cando os peches sanitarios impedían a entrada en Cambados de persoas doutros municipios.

Desde a concellería de Medio Ambiente estamos traballando para evitar os abandonos e fomentar a adopción dos Animais de compañía.

Traballamos conxuntamente co Refugio de Cambados para a protección dos animais maltratados e abandonados e mellorar o seu benestar.

COÑECES AS RAZÓNS PRINCIPAIS DO ABANDONO DUN ANIMAL?

  • Camadas non desexadas por falta de esterilización
  • Por non saber xestionar o comportamento do animal
  • Remate da tempada de caza
  • Perda de interese cara o animal
  • Factores económicos
  • Alerxias provocadas da convivencia
  • Cambio de residencia da familia
  • Morte da persoa coidadora
  • Falta de tempo para o cuidado