CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

O Concello de Cambados e o Centro de transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.

Neste verán, os hospitais precisan entre 500 doazóns de sangue cada día para atender a todos os enfermos, polo que dende o Concello nos diriximos a todos vós para que participedes activamente nesta campaña solidaria.

Podedes doar sangue se tedes entre 18 e 65 anos, e pesades máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a vosa saúde antes da doazón de sangue. Para realizar a doazón podedes acudir a:

CAMBADOS
Unidade móbil xunto ao Centro de Saúde
Venres, 19 de agosto. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
Sábado, 20 de agosto. De 10:00 a 15:00 horas.

Queremos facer un agradecemento especial a todas as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Cambados conta con 2069 doadores censados que realizaron 15743 doazóns dende a primeira visita da unidade móbil do CGT en 1995. Grazas a este xesto solidario, cada día os hospitais atenden unha media de 2700 urxencias, realizan máis de 500 intervencións cirúrxicas e levan a cabo 3 transplantes de órganos e tecidos.

No verán os enfermos ingresados nos hospitais non toman vacacións e dependen da nosa solidariedade para recuperar a saúde ou salvar a vida. Súmate, doa sangue.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.