CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

O Concello de Cambados e o Centro de transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.

Podes doar sangue se tes entre 18 e 65 anos, e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón de sangue. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. É imprescindible levar a tarxeta de doador, DNI ou documento similas, así como informar ao médico si se está a tomar algún medicamento.

Para realizar a doazón podes acudir a:

 

CAMBADOS
Unidade móbil xunto ao Centro de Saúde
Martes, 14 de febreiro. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
Mércores, 15 de febreiro. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Queremos facer un agradecemento especial a todas as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Cambados conta con 2069 doadores censados que realizaron 15743 doazóns dende a primeira visita da unidade móbil do CGT en 1995. Grazas a este xesto solidario, cada día os hospitais atenden unha media de 2700 urxencias, realizan máis de 500 intervencións cirúrxicas e levan a cabo 3 transplantes de órganos e tecidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.