CAMBIOS NO CALENDARIO DE “NOITES MOUCHAS” DEBIDO AO APRAZAMENTO DA PRIMEIRA ACTIVIDADE POR CAUSA DO TEMPORAL

CAMBIOS NO CALENDARIO DE “NOITES MOUCHAS” DEBIDO AO APRAZAMENTO DA PRIMEIRA ACTIVIDADE POR CAUSA DO TEMPORAL

A alerta laranxa por temporal do pasado venres, obrigou á cancelación da primeira das “Noites Mouchas” do Concello de Cambados. Ante a imposibilidade de levar a cabo a actividade “Furor, Furor”, decidiuse buscar unha nova data para a realización desa actividade.

Despois de valorar varias datas, decidiuse optar polo sábado 4 de marzo para a realización da actividade que en principio estaba prevista en segundo lugar, “Ándale Wey! Noites pinches”, comezando as veladas de ocio alternativo o vindeiro venres 10 de febreiro coa actividade inicial “Furor, Furor”

Furor, Furor” é unha recreación dun exitoso concurso televisivo no que os participantes terán que superar unha serie de divertidas probas que inclúen respostar a preguntas e incluso cantar, mentres que “Ándale Wey!” é unha velada adicada á cultura mexicana, con xogos e obradoiros de cociña.

O resto das actividades previstas mantéñense sin cambios, sendo estes dous os únicos axustes no calendario. Dende a concellaría de Xuventude do Concello de Cambados, anímase a tódolos mozos e mozas de entre 16 e 35 anos a participar nestas xornadas.