O Concello de Cambados, xunto coa asociación de comerciantes Cambados Zona Centro presentou hoxe unha nova edición da campaña “Cambados Namora” coa que pretende dinamizar o consumo no comercio local de cara á celebración do Día dos Namorados 2020.
Como en anteriores edicións, a campaña incentivará o paseo polas rúas do municipio, instalando zonas photocall coas palabras “Cambados”, “Bicos”, “Amor” e “Love”, que servirán como escenario para conseguir un dos dous premios da campaña.
O primeiro, unha escapada romática valorada en 100 euros. O segundo, unha cea romántica nalgún dos establecementos asociados valorada en 60 euros. Para iso, os interesados terán que subir unha foto co hashtag #cambadosnamora a Facebook, Instagram ou Twitter nalgún dos puntos antes mencionados. As dúas fotos con máis “Me Gusta” serán as gañadoras do concurso.