Lita Cabellut estará este venres na nosa vila, onde ás 12:00 se inaugurará unha instalación súa no concello, enmarcada dentro da VI semana mundial da educación artística convocada pola UNESCO.
Os actos previstos na comarca do Salnés comezan mañá xoves en Vilanova de Arousa, cunha presentación e photocall na escola de arte Sienna ás 11:00, e ás 12:00 inaugurará unha instalación artística no Concello. Ás 18:00 será o turno de Vilagarcía, onde inaugurará unha instalación na casa da Cultura.
O venres será o turno de Cambados, onde ás 12:00 será inaugurada unha instalación súa na praza do Concello. Por último, a Illa pechará os actos de homenaxe con outra instalación que será inaugurada ás 18:00 na praza do Concello, e ás 21:00 haberá un concertó homenaxe.
Lita Cabellut (Sariñena, 1961) é unha artista multidisciplinar española que traballa con óleo sobre lenzo, debuxos en papel, escultura, fotografía, poesía, poemas visuais e vídeos. De orixe xitana, foi criada en Barcelona e desde os 19 vive na Haia. Recoñecida pola súa pintura, traballa con lenzos de gran formato utilizando unha característica variación contemporánea da técnica do fresco.1 En 2011 recibiu o Premio de Cultura Xitana de Pintura e Artes Plásticas do Instituto de Cultura Xitana en recoñecemento ao traballo realizado en beneficio da cultura xitana no mundo. En 2015 foi recoñecida pola revista especializada Artprice como un dos artistas contemporáneos máis cotizados do mundo, situándoa no posto 333 só por detrás de Miquel Barceló e Juan Muñoz do seu “top 500” e converténdose na artista feminina española máis cotizada.