CAMBADOS SEGUE A SER UN REFERENTE COMO VISITA NAS RIAS BAIXAS

CAMBADOS SEGUE A SER UN REFERENTE COMO VISITA NAS RIAS BAIXAS

O Concello de Cambados fai públicos os datos de turismo durante os meses de xullo e agosto , destacando que malia pandemia da Covid-19 , Cambados segue a ser un referente como visita nas Rias Baixas.

E tampouco hai que esquecer que as limitacións derivadas da pandemia por coronavirus non só reducen a afluencia de visitantes o municipio, senón que restrinxen considerablemente a entrada a propia oficina.

Segundo os datos reflectidos pola oficina de Turismo pasaron un total de 4.591 persoas en xullo e 8.835 persoas en agosto. De todas estas visitas en relación as cifras do ano 2019 supón só un 18% menos que no ano 2019 En relación as procedencias , este ano destaca que o 98.50 % é de orixe nacional, aumentando un 16% as visitas procedentes de Galicia, as cifras deixan un aumento do 27% no uso da caravana para desprazarse en relación as cifras do ano 2019 e un aumento do 12% no uso de aloxamentos turísticos/ vivendas vacacionais.

O perfil dos visitantes de Cambados durante este verán foi o de parellas de mediana idade, desaparecendo case na súa totalidade as viaxes organizadas e o número de familias que viaxaban con nenos, tamén veuse reducido considerablemente.

Aínda así e todo, dende o Concello ve positivas estas cifras malia situación sanitaria pola que estamos a pasar.