O Obradoiro de Emprego de Cambados esta a traballar na reutilización de tódolos elementos que se instalaron na Aldea de Nadal na Praza de Fefiñans, así nestes días unha vez que as condicións meteorolóxicas o permitiron, instalouse o cesped natural que se utilizou na Aldea de Nadal na Alameda de San Tomé e na Biblioteca Luís Rei, ademais esta previsto cando as condicións da pandemia do Covid-19 así o aconsellen, instalar as casetas nos distintos parques infantís do municipio.
Esta actividade de Nadal entendemos que foi un éxito porque tivo unha extraordinaria acollida entre os veciños de Cambados e doutros municipios que se achegaron á nosa vila os días nos que non estaba restrinxida a mobilidade e porque, ademais, todos os elementos da Aldea d@s Nen@s van ser reutilizados. Así, o céspede xa se plantou nos xardíns da Biblioteca Luis Rei e na Alameda de San Tomé, as cámaras de vixilancia instalaranse na praza de abastos, cumprindo cunha petición das vendedoras e comerciantes, mentres que as casetas servirán para decorar os distintos parques infantís existentes en todo o municipio, se ben a súa instalación está supeditada á evolución da pandemia.
Así o investimento realizado de todos os materiais empregados na Aldea de Nadal de Fefiñans, e que foi sufragado principalmente cos gastos do programa de formación das especialidades de carpintería e xardinería do Obradoiro de emprego elaborado polo concello, e que se estima nuns 16.000 €, inclúense na subvención de 400.000 € concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade.
Máis de un millón de espectadores de audiencia nos medios a nivel estatal
Ademais, foron varios os medios de comunicación que se achegaron ata a praza de Fefiñáns para difundir a Aldea, destacando a conexión que realizou o programa “España Directo” e que acadou unha audiencia cércana ao millón de persoas. A isto hai que engadir as distintas conexións da TVG ou o vídeo do acto de acendido das luces de Nadal, que tivo un total de 17.586 reproducións ou os diferentes vídeos das visitas de Papa Noel e os Reis Magos a todas as parroquias de Cambados, que tiveron un alcance total de máis de 80.000 visitas nas distintas redes sociais municipais.
O Concello de Cambados quere aproveitar para agradecer a implicación do equipo directivo, docente e alumnado do Obradoiro de emprego e o seu traballo para facer realidade esta iniciativa, que mesmo participaron na montaxe da Aldea de Nadal en Fefiñans voluntariamente fora do seu horario lectivo, mostra da implicación do persoal municipal nesta iniciativa e que serviu para que Cambados fose un referente a nivel comarcal neste pasado Nadal ante unha situación tan complexa como a que estamos a padecer pola Pandemia do Covid-19.