Os maiores de 60 anos de Cambados poderán participar nun Curso de Técnicas de Estimulación da Memoria que, organizado pola Concellería de Servizos Sociais, impartirase dende 4 de outubro ao 30 de Maio.
A actividade, destinada á prevención de enfermidades como demencia ou alzheimer, terá lugar os xoves de 16:30 a 18:30h no Salón Peña, cun prezo de 6 euros ao mes.
Os Servizos Sociais estudarán os casos de destinatarios que non poidan abonar a cuota e disporanse de 15 prazas ampliables en función da demanda.
Nolo contan o Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, e a monitora do curso, Julia Martínez, na presentación da actividade, acompañados de representantes das Asociacións de Xubilados e pensionistas da Casa do Mar e da Merced de Cambados.