CAMBADOS PÀRTICIPA NA XORNADA INFORMATIVA SOBRE A CENTRAL DE CONTRATACIÓN DA FEMP

CAMBADOS PÀRTICIPA NA XORNADA INFORMATIVA SOBRE A CENTRAL DE CONTRATACIÓN DA FEMP

Ás Xornadas informativas celebráronse hoxe na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e nela participaron responsables políticos e técnicos de toda Galiza.

O Edil de Economía e Facenda de Cambados, Xurxo Charlín, ven de participar no día de hoxe nas Xornadas informativas sobre a Central de Contratación da FEMP, organizadas en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias, e que se celebraron en Santiago de Compostela na Cidade da Cultura.

A sesión na que participaron responsables políticos e responsables técnicos das áreas de contratación, intervención, secretaría e facenda de toda Galiza, teñen por obxecto informar sobre o funcionamento e vantaxes da Central de Contratación, e informar sobre os trámites a realizar para a contratación dos servizos e subministración dispoñibles, así como a incidencia da nova lei de contratos do sector público no funcionamento das administracións locais, e as liñas de traballo futuras, incluíndo posibles ámbitos de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

De forma máis concreta, realizouse unha explicación sobre como levar a cabo a contratación da subministración eléctrica e do gas, expoñendo exemplos concretos sobre os documentos previos para tramitar cada expediente e incidir en cuestións vinculadas ás tarifas e aos aforros efectivos. Como tamén se presentou as principais características e vantaxes do servizo de mediación de riscos e seguros, dende a análise dos riscos e coberturas necesarias, pasando pola revisión das pólizas existentes e o asesoramento nas novas contratacións, e finalizando pola labor en materia de xestión de incidencias que se produzan durante a execución e vixencia dos diferentes seguros da Entidade Local.

As Xornadas, nas que tamén participaron técnicos do departamento de Economía e Facenda do Concello de Cambados, foron valoradas moi positivamente por parte do Concello de Cambados, de feito vanse realizar os tramites oportunos dende o departamento de Economía e Facenda para que o Concello de Cambados se adira a esta Central de Contratación da FEMP, xa que segundo en palabras do edil, Xurxo Charlín; “As vantaxes de adherirse a Central de Contratación da FEMP son evidentes, xa que ademais de simplificarse notablemente os tramites administrativos, tamén se vai conseguir un aforro considerable na contratación dos servizos e subministración dispoñibles, sen reducir en ningún caso, a calidade dos servizos que se lle prestan aos veciños de Cambados”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.