CAMBADOS, MEAÑO E O GROVE ACOLLEN O IV TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Os concellos de Cambados, Meaño e O Grove acollerán, entre o 5 e o 7 de decembro, o IV Torneo Internacional de Balonmán Deputación de Pontevedra, no que participarán equipos de España así como representantes dos Países Baixos, Italia e Dinamarca.

O torneo reunirá xogadores das categorías infantil, cadete e xuvenil feminina e masculina. En concreto, desprazaránse ata a provincia de Pontevedra máis de 440 deportistas que representarán ás seleccións de Galicia, Asturias e Cantabria (España), de Zuid e Utrecht (Países Baixos), de Aarhus (Dinamarca) e de Kellona Palermo (Italia).

A proba disputarase en dúas fases para cada unha das categorías, nas instalacións dos pavillóns do Pombal e IES Cabanillas (Cambados), Coirón (Dena, Meaño), Monte da Vila 1 e Monte da Vila 2 (O Grove).