CAMBADOS MANTEN MEDIDAS DE PREVENCIÓN POLO CORONAVIRUS

CAMBADOS MANTEN MEDIDAS DE PREVENCIÓN POLO CORONAVIRUS

O Concelleiro de Sanidade de Cambados mantivo unha conversa no día de hoxe co Xerente da Area sanitaria, Xosé Ramón Gómez, para crear un plan de protocolo de actuación fronte ao Coronavirus. O obxectivo desta xuntanza e coñecer de primeira man as medidas que dende o SERGAS van levar a cabo nos Centros sanitarios, así como as recomendacións para os centros públicos en materia de prevención da extensión do Coronavirus. Dende o Concello de Cambados recalcan que non se trata de xerar ningunha alarma inxustificada, pero si de colaborar como entidades públicas nas medidas de prevención e estar preparados para calquera eventualidade ao respecto. 

Nese sentido o Concelleiro de Sanidade trasladoulle ao xerente da área sanitaria a total dispoñibilidade do Concello de Cambados a colaborar coa Consellería de Sanidade nas medidas que dende esta se pretendan por en marcha.

MEDIDAS DE PREVENCIÓN NAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS

Co fin de intensificar as medidas de protección e control do Coronavirus, dende as autoridades sanitarias lembrase que é imprescindible reforzar as medidas de hixiene persoal en todos os ámbitos de traballo e fronte a calquera escenario de exposición, e aconsella lavarse as mans con auga e xabón frecuentemente; ao toser ou estornudar cubrirse a boca cun pano desechable e tiralo ao lixo; e evitar tocarse os ollos, nariz ou boca.

Tamén se aconsella a limpeza de locais de uso público, tales como bares, ximnasios, comercios, etc. usando preferentemente hipoclorito para a limpeza (lixivia, rebaixada ao 1%), e asegurarse de que estean dotados sempre nos servizos con xabón e papel para o secado de mans, e ata hidroxel para que as medidas básicas de prevención poidan levarse a cabo da forma máis efectiva posible.

Ademais, para fortalecer protocolos, desde o Concello de Cambados efectuouse a compra de xel desinfectante como medida de prevención que pode axudar a evitar contaxios, e se vai a procederse a instalación de dispensadores de xel especial desinfectante a disposición dos usuarios de edificios e centro públicos, Centro de Día, e Centros Culturais de todas as parroquias de Cambados, para o seu uso polo persoal e incluso pola poboación que acuda aos mesmos.  Ao mesmo tempo tamén se instalaran os carteis informativos elaborados polo SERGAS con recomendacións sobre a hixiene e prevención da transmisión da enfermidade e tamén sobre como actuar en caso de sospeita de infección. 

Para rematar, lembrar que o teléfono habilitado por parte do SERGAS para resolver dúbidas é o 900 400 116 ou ven o 061, e en caso de ter algún síntoma non acudir directamente ao Hospital nin ao Centro de Saúde e contactar telefónicamente co 061.