CAMBADOS HABILITA A BIBLIOTECA LUIS REI PARA A PRESENTACION DAS AXUDAS AO ENSINO E ASESORAMENTO AS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO

CAMBADOS HABILITA A BIBLIOTECA LUIS REI PARA A PRESENTACION DAS AXUDAS AO ENSINO E ASESORAMENTO AS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO

– Incrementase a 31.300 euros as axudas a ensino e transporte escolar para este ano, e mantéñense en 120.000 euros as axudas a entidades sen lucro, o prazo de presentación das axudas finaliza o vindeiro 5 de novembro.

– Cambados habilita a Biblioteca Luís Rei mediante o servizo de cita previa para presentar no Rexistro do Concello as axudas ao ensino e transporte escolar e asesorar as axudas ás entidades sen fins de lucro.

O Concello de Cambados vai habilitar durante os vindeiros 15 días na Biblioteca Luís Rei o servicio de Rexistro Municipal para a presentación das axudas ao ensino e transporte escolar e asesorar as axudas ás entidades sen fins de lucro, e desta maneira evitar aglomeracións no Rexistro do Concello de Cambados como medida de prevención ante o Covid-19.

O ano pasado máis de un cento de veciños foron beneficiarios das axudas ao ensino e transporte escolar do Concello de Cambados, o que provocaba certa acumulación de xente no Rexistro municipal para presentar a solicitude destas axudas, xa que coincidía co resto de veciños que viñan realizar outro tipo de tramites administrativos. Para que non se volva a repetir esta situación, e máis estando nunha situación de pandemia onde non son aconsellables as concentracións de persoas, o goberno municipal decidiu habilitar como Rexistro de entrada do Concello de Cambados a Biblioteca Luís Rei mediante cita previa, para que aqueles veciños que o desexen poidan presentar as axudas de estudio e transporte escolar sen ter que facer colas e de forma moito máis segura. Desta forma a veciñanza que queiran realizar a presentación da solicitude ou asesorarse nas mesmas, conforme as bases das axudas que están publicadas no portal de transparencia, dende maña poden solicitar cita previa no teléfono da Biblioteca Luís Rei, no 986 52 00 08. Neste número tamén se vai realizar a cita previa para o servizo de asesoramento a aquelas entidades sen animo de lucro que están interesadas en presentarse na convocatoria de Axudas do Concello de Cambados deste ano.

Este servizo e compatible coa presentación telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Cambados, pero para o que é preciso dispoñer de Certificado Dixital, e do que moitas familias carecen. Por tal motivo, o Goberno municipal decidiu habilitar unha nova vía de presentación das axudas para ensino e transporte escolar destinadas a poboación con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización pública, ensinanzas artísticas e a formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados.

As axudas ao ensino e transporte escolar deste ano presentan varias novidades, así por unha banda, incrementase o montante total das axudas a 31.300 euros (importe que cuadriplica as axudas ao ensino de fai 5 anos). A este incremento no importe total das axudas, sumase tamén o incremento no importe das axudas a cada estúdiante. Así as axudas ao Ensino Primario e Secundario, Bacharelato, FP, Universidade e Ensinanzas Artísticas Superiores e Conservatorios increméntanse este ano a 150 euros/alumno/a, chegando as de alumnado con Necesidades Educativas Especiais aos 200 euros. Tamén se incrementaron as axudas para transporte, así os estudantes que cursen estudios fora de Cambados percibiran unha axuda de 150 euros e no caso de estar a máis de 30 quilómetros o centro educativo, a axuda ao transporte vai ser de 200 euros.

Ademais ás bases das axudas ao ensino e o transporte escolar de este ano van a chegar a máis familias de Cambados, xa que outra das novidades é que se incrementan os limites de renta per capita, así este ano as familias que teñan ingresos inferiores a 7.000 euros por membro da unidade familiar poden acceder as mesmas.

Por ultimo as axudas para o ensino deste ano van a servir, ademais de financiar os gastos que se viñan subvencionando de material escolar e deportivo dos estudantes en pasados cursos, como novidade nesta convocatoria para a adquisición de material de prevención da Covid-19 (mascarillas, xel, etc…) e de tablets ou PCs para realizar as tarefas escolares na casa.

O prazo para a presentación das axudas é dende maña 22 de outubro ata o vindeiro 5 de novembro, polo que o Goberno municipal, preocupado pola situación de crise sanitaria que estamos a vivir, está a facer tódolos esforzos posibles para incrementar e facilitar a presentación das axudas a veciñanza e entidades sen fins de lucro do noso municipio. Froito desta implicación e marcado carácter social do Goberno municipal de Cambados, incrementáronse as axudas ao estudio e transporte escolar neste ano que van chegar a un maior número de familias de Cambados, ademais de manter o noso compromiso social coas entidades sen fins de lucro nesta situación de pandemia. 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020/2021

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2020