CAMBADOS, ENCLAVE PERFECTO PARA A OBSERVACIÓN DAS AVES

CAMBADOS, ENCLAVE PERFECTO PARA A OBSERVACIÓN DAS AVES

O Esteiro da Seca e a desembocadura do Umia son enclaves de espátulas e aves limícolas

Coincidindo co Día Internacional das Aves, celebrado esta pasada fin de semana, numerosas persoas achegáronse aos espazos existentes en Cambados para a practicar o tamén coñecido como Aviturismo.

I é que a cercanía da ensenada do Val do Grove e desembocadura de ríos como o Umia converten ao Concello de Cambados nun enclave perfecto para a observación de aves.

Así, tanto o Esteiro da Seca como a propia desembocadura do Umia, enmarcados dentro do Complexo Intermareal Umia-Grove-Ons,

pertenecente a Red Natura, son espazos onde se poden contemplar diversas aves de interés ornitolóxico.

Tales como as aves limícolas, vencelladas a humedais e areais costeiros, con adaptacións evolutivas especiais en patas e picos para alimentarse de miñocas, pequenos crustáceos e moluscos que habitan na zona Intermareal.

As limícolas conviven en Cambados con outras especies emblemáticas como as increíbles espátulas e con outras máis comúns como gaivotas, patos e garzas, de xeito que o espectáculo para observar a natureza en vivo está garantido.

Bastan uns prismáticos, un pouco de paciencia e percorrer a pie os diversos itinerarios do litoral cambadés para observar, identificar e contar aves de diversas especies, sempre, eso si, sen facer barullo nin ocasionar molestias e respetando o seu hábitat