O Obradoiro de Emprego Cambados Emprende Xove impartirá novamente os dous obradoiros para nenos e nenas que se levaron a cabo na Biblioteca Luís Rei o pasado mes.
Serán o Xoves 14 de marzo. O primeiro “O mundo das emocións” será de 16:30h a 18h e de 18h a 19:30 terá lugar un “Obradoiro de monicreques” . Ambos serán na Biblioteca Luís Rei e totalmente gratuítos.
Ditos obradoiros serán de 20 prazas máximo. Estes obradoiros xa foron impartidos o mes pasado pero ante a rápida cobertura de prazas e a demanda das familias volverán realizarse.
A reserva de prazas farase na Biblioteca Luís Rei de Cambados
O xoves 14 de marzo de 16:30h a 18:00h realizarase o obradoiro “O mundo das emocións”.
Nel traballarán a importancia de recoñecer e manexar as emocións, para iso realizarán diferentes actividades entre as que destacan os xogos con mímica e música.
A continuación, de 18:30h a 19:30h levarase a cabo un “Obradoiro de títeres“. A través de materiais reciclados os nenos e nenas elaborarán os seus propios monicreques. Rematarán a actividade facendo un xogo musical onde os protagonistas serán os títeres que foron elaborados por eles e elas mesmas.
Estas actividades para nenos organizadas polo Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil “Cambados Emprende Xove” forman parte da obra social incluída na memoria do proxecto presentada polo Concello de Cambados.