“CAMBADOS EMPRENDE”, NOVA PROGRAMACIÓN FORMATIVA PARA EMPRENDEDORES.

O Concello de Cambados, en colaboración coa Asociación Zona Centro, pon en marcha unha nova iniciativa destinada aos emprendedores. Baixo o nome de “Cambados Emprende” ábrese unha programación formativa, cuxa primeira parte desenvolverase nos meses de maio e xuño

Unha das accións formativas será un Curso de Escaparatismo, con asistencia personalizada nas tendas, que impartirá a empresa Nordelaina do 5 ao 28 de xuño. Será os martes e xoves en horario de 21 a 23 horas en Exposalnés con límite de 20 prazas.

A segunda actividade será un Curso de Manipulación de Alimentos, que terá lugar no Viveiro de Empresas o 29 de maio de 19 a 22 horas, igualmente con asistencia limitada a 20 prazas, que terá un custe de 35 euros.

Por último, celebrarase unha Charla-Coloquio sobre as Axudas a Contratación e a Promoción do Emprego Autónomo, tamén o 29 de maio, ás 20.30 horas en Exposalnés, a cargo do Despacho de Avogados Rodríguez&Alonso.

Os interesados en participar en calquera das actividades deben inscribirse previamente a través das vías de comunicación do Concello na oficina de atención ao consumidor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.